12/03/2008 GMT 1
VILA DE CRUCES
O concello de Vila de Cruces está situado no límite da provincia de Pontevedra e A Coruña, marcado polo río Ulla. Fronteira fluvial cos concellos coruñeses de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso.
Outros dous ríos, o Deza e o Arnego, sepárano de Silleda e de Agolada.
É un dos seis concellos do Deza ademais de Lalín, Silleda, Agolada, Rodeiro e Dozón.
Ten unha poboación de 7.452 habitantes.

Fervenzas da Toxa

Río Arnego
A PEROXA

Dispón dunha poboación aproximada de 5000 habitantes e presenta unha zona de baixa montaña que se estende polas parroquias de O Souto, Mirallos, Toubes, Armental e parte de Celaguantes. Outra zona abrangue as parroquias de Gueral, Vilarrubín e A Peroxa formada por zonas chás, coñecidas polos Chaos. Por último, temos as terras do val que se dispoñen ao redor dos ríos Barra e Miño, xunto co Búbal e o regato de Lentomil.
Vilasantar
Ubícase na Comarca de Betanzos. Conta cunha superficie de 59,4 qm², e distribúe os seus 1.574 en sete parroquias.
O municipio de Vilasantar ocupa a conca de curso alto do río Cabalar, afluente do Tambre.

(C.E.I.P. Xosé Fernández López)