Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Primaria
Iniciado o 20/02/2008

Arquivo: Decembro 2008

04/12/2008 GMT 1

Estalagmitas e estalactitas na Cova do rei Cintolo

loaira @ 19:08

estalagmita-cova-do-rei-cintolo.bmp

Estalagmita Da cova do rei Cintolo

estactita.jpg

Estalactita da Cova do rei Cintolo

Cova do rei Cintolo

covareicentolo.jpg

Hai dúas lendas que fan referencia a estas covas:

A primeira conta que na cova hai unha moza encantada que se peitea con peites de ouro ó tempo que se contempla nun espello de prata. Quen desencante a moza casará con ela e posuirá moitas riquezas. Pero hai un problema: a cova está custodiada por unha enorme serpe ou dragón que devora a quen intente desface-lo encanto. A pesar de tódolos impedimentos, dous irmáns decidiron intentalo, pero despois de entrar na cova non se soubo máis deles.

A segunda lenda conta que na Antigüidade no lugar onde hoxe está Mondoñedo había outra cidade: Bría. Reinaba o rei Cintolo, que tiña o seu castelo onde hoxe está a cova. Nel vivía tamén a súa fermosa filla, pretendida por moitos mozos. 

Certo día chegou o conde Hollvrudet, do que se namorou, pero pouco despois apareceu un vello (Tuba de Oretón) que viña decidiu casar coa princesa, e de non aceptar, derrubaría o castelo. O conde decidiu enfrontarse a Tuba, e xusto cando lle cravaba a espada, soou un trono que derrubou a cidade e o castelo. Cando o conde recobrou o coñecemento, no lugar só había unha cova. 

E a tradición popular afirma que a princesa Xila, está a esperar ó mozo que se atreva a entrar na cova para ceibala do meigallo que a ten presa alí dentro.

Galespa

(CEIP Pedro Antonio Cerviño)

01/12/2008 GMT 1

Mira que ben o pasan Bea, Eva e Maica

loaira @ 19:43

Usurpado de casa de tol@s

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis