Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Primaria
Iniciado o 20/02/2008

03/10/2008 GMT 1

Colorear

loaira @ 15:33

gingy.GIF

Prácticamos os números e o mesmo tempo aprendemos a colorear.

(1º ciclo: 1º)

(CEIP A LOMBA ANEXO)

Bingo. Repaso os números do 1 ao 10 (1º Ciclo: 1º)

loaira @ 15:00

bingo.JPG

Cartón

bingo3.JPG 

Cartón e Fichas

bingo1.JPG

Bingo

Gañou Andrea.

(C.E.I.P. A Lomba)

13/09/2008 GMT 1

Churumbele

loaira @ 16:25

Canción favorita do album Raianos do grupo Trasmundi.

11/09/2008 GMT 1

Recordando cancións de un dos meus grupos favoritos

loaira @ 19:29

Encontreime con:

Moitas grazas meryprue.

29/06/2008 GMT 1

SinGENEROdeDUDAS

loaira @ 09:55

Esta sección es una llamada de atención a la corresponsabilidad para superar la brecha digital de género: incorporar de una manera consistente las cuestiones de género en todas las políticas que incidan en el desarrollo de la Sociedad de la Información y al mismo tiempo cambiar el chip para ocupar e interactuar [mujeres y hombres] en el ciberespacio.

¿Que aportan las TIC de interés para la Igualdad?

  • Tomar parte activa en las redes de apoyo y defensa de los derechos de las mujeres
  • Acceder a posibilidades de de nuevos trabajos y profesiones.
  • Participar de iniciativas de aprendizaje interactivo y teleformación.
  • Oportunidad de acceder y participar en el flujo de conocimientos e información para empoderar y mejorar las vidas de las mujeres.
  • Protagonizar la ocupación del espacio público en la Sociedad de la Información, creando recursos, aportando ideas y opiniones, haciendo valer el ingenio y creatividad.
  • Escrito por: Loaira 25 Ago 2007.

    Blog

    loaira @ 09:44

    Publicado: Mer Mai 23, 2007 4:44 pm en vilagarcia.mundoforo.com

    CEIP Laredo
    Blog de profesores currantes.

    Día para la Tolerancia

    loaira @ 09:30

    01 Dic 2007


    28/06/2008 GMT 1

    Gústame

    loaira @ 17:22

    11/06/2008 GMT 1

    martes 26 de febrero de 2008

    ESCOLA NO CAMIÑO: Reunión informativa

    O camiño faise andando e a nosa escola, no afan de conquerir unha educación de maior calidade para os nosos alumnos/as, non se cansa de propoñer iniciativas.

    Como xa dixéramos ó presentares a programación anual, un dos proxectos de dinamización pedagóxica que poderíamos levar a cabo neste curso implica directamente ós rapaces que finalizan connosco a etapa de primaria.

    Dito proxecto responde ó titulo de “escola no camiño”.

    É un proxecto compartido que non podería levarse a cabo sen o convencemento maioritario da nosa comunidade (mestres, nais/pais, alumnos/as) de que é unha iniciativa enriquecedora e axeitada.

    UN PROXECTO COMÚN

    O proxecto educativo da nosa escola, asumindo plenamente os principios e fins educativos da actual lexislación para as etapas de Educación infantil e primaria, trata de conquerir:

    * As competencias básicas que manifesten o desenvolvemento intelectual, social e persoal dos nosos alumnos e alumnas

    * O traballo en equipo do profesorado e a colaboración entre os distintos sectores da comunidade educativa

    * Atender aos aspectos experiencial e actitudinal na educación do noso alumnado mediante saídas, obradoiros, conmemoracións, revistas, actividades complementarias e extraescolares para favorecer a súa participación e a motivación.

    viernes 6 de junio de 2008

    TRAS VARIOS MESES DE TRABALLO...

    Pois si queridos amigos, levamos tres meses traballando na organización do noso proxecto. Deseñado en principio para levarse a cabo no mes de Maio tivemos que aplazalo por problemas ca choiva. Pero a día de hoxe estamos dispostos a afrontar a ultima etapa.
    As comisións de mantemento, transportes, animación, materiais, información e aloxamento funcionaron as mil maravillas e xa temos todo disposto para unha grande aventura.
    No día de hoxe queremos reflexar unha serie de comentarios persoais nas que expresemos que esperamos e desexamos nestes días de convivenza no "camiño da vida"
    CEIP Pena de Francia

    Os Suevos e Visigodos (3º CICLO)

    loaira @ 17:19

    28/05/2008 GMT 1

    No ano 409, os suevos, os vándalos e os alanos chegaron a Península dende os Pireneos.

    Os romanos para se defenderen pediron axuda aos visigodos e conseguiron expulsar aos vándalos e aos alanos; quedando a Península, no ano 476, gobernada por dous reinos: o visigodo e o suevo.

    Despois de uns oitenta anos de convivencia os visigodos fixéronse con toda a Península. E permaneceron aproximadamente uns 250 anos. Acabaron falando o latín e converténdose en cristiáns.

    No ano 711 foron derrotados polos árabes.

    O reino suevo

    Durante a súa ocupación falábanse dúas linguas o romano e o xermánico e practicábanse dúas relixións a católica e a arríana. Ata que o rei Teodomiro implantou o catolicismo para todos.

    O reino suevo ía dende o mar cantábrico ata o río Texo e tiña trece sedes.

    O reino visigodo

    O reino visigodo estaba formado por cinco ducados e en cada un gobernaba un duque ademais do rei.

    O rei Leovixildo foi o que dominou os suevos e nomeou Toledo como capital do reino.

    Recaredo foi o rei que converteu aos visigodos ao catolicismo. 

    Recesvinto foi o rei que fixo que houbese as mesmas leis para todo o reino.

    E Don Rodrigo foi o último rei visigodo.

    A poboación ou sociedade estaba dividida en nobres e campesiños.

    A Herdanza dos visigodos

    Deles herdamos igrexas como:

    Santa Comba de Bande (Ourense)

     

    Santa Comba de Bande

    O rei D. Alfonso III pide a seu irmán Don Odario que restaure a igrexa e Don Odario a seu primo Adonyo.

    Nesta igrexa estiveron os restos de un dos primeiros discípulos de Santiago Apóstolo.

    S. Juan de Baños (Palencia)

    Iglesia de San Juan Bautista

    Quintanilla de las Viñas (Burgos)

    (C.E.I.P. Cangas )

    Cultura Galega

    loaira @ 09:00

    30/04/2008 GMT 1

    Imos a cumprir coa tradición non vaia a ser que nos entre o maio.
    xesta.jpg
      
    
    Coplas tradicionais do Maio en  
    Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) 

     

    O maíño maio
    é moi pillabán
    quere que lle dean
    os cartos na man.
     
    Para facer o maio
    tivemos que roubar
    flores e fiunchos
    na horta de S.Blas.
     
    Para facer o maio
    tivemos que roubar
    flores e fiunchos
    na beira do mar.
     
    Veu S. Blas
    cunha escopeta
    botou un disparo
    e furoume a chaqueta.
    Veu S. Blas
    cunha zapatilla
    fíxonos correr
    a ta a horta de Corbatilla.
     
    Traemos fiunchos
    ovos e máis flores
    para este maio
    ter mil amores.
     
    O maíño maio
    non quere desfilar
    pero todos nós
    ímolo obrigar.
       
    O maíño maio
    vainos alegrar
    a tódalas mozas
    que queren casar.
     
    O maíño maio
    xa está acabado
    se queren botar algo por min
    encantado.
       
    Non lles aburrimos
    xa nos imos nós,
    pero antes pedimos
    un bo roscón.
    (C.E.I.P. Piñeiriño)

    Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis