Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Primaria
Iniciado o 20/02/2008

28/06/2008 GMT 1

Gústame

loaira @ 17:22

11/06/2008 GMT 1

martes 26 de febrero de 2008

ESCOLA NO CAMIÑO: Reunión informativa

O camiño faise andando e a nosa escola, no afan de conquerir unha educación de maior calidade para os nosos alumnos/as, non se cansa de propoñer iniciativas.

Como xa dixéramos ó presentares a programación anual, un dos proxectos de dinamización pedagóxica que poderíamos levar a cabo neste curso implica directamente ós rapaces que finalizan connosco a etapa de primaria.

Dito proxecto responde ó titulo de “escola no camiño”.

É un proxecto compartido que non podería levarse a cabo sen o convencemento maioritario da nosa comunidade (mestres, nais/pais, alumnos/as) de que é unha iniciativa enriquecedora e axeitada.

UN PROXECTO COMÚN

O proxecto educativo da nosa escola, asumindo plenamente os principios e fins educativos da actual lexislación para as etapas de Educación infantil e primaria, trata de conquerir:

* As competencias básicas que manifesten o desenvolvemento intelectual, social e persoal dos nosos alumnos e alumnas

* O traballo en equipo do profesorado e a colaboración entre os distintos sectores da comunidade educativa

* Atender aos aspectos experiencial e actitudinal na educación do noso alumnado mediante saídas, obradoiros, conmemoracións, revistas, actividades complementarias e extraescolares para favorecer a súa participación e a motivación.

viernes 6 de junio de 2008

TRAS VARIOS MESES DE TRABALLO...

Pois si queridos amigos, levamos tres meses traballando na organización do noso proxecto. Deseñado en principio para levarse a cabo no mes de Maio tivemos que aplazalo por problemas ca choiva. Pero a día de hoxe estamos dispostos a afrontar a ultima etapa.
As comisións de mantemento, transportes, animación, materiais, información e aloxamento funcionaron as mil maravillas e xa temos todo disposto para unha grande aventura.
No día de hoxe queremos reflexar unha serie de comentarios persoais nas que expresemos que esperamos e desexamos nestes días de convivenza no "camiño da vida"
CEIP Pena de Francia
Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis